Cósmica é unha produtora con sede en Santiago de Compostela fundada en 2018 pola produtora Nati Juncal Portas e a directora Sonia Méndez Alonso. Traballan xuntas dende o 2007, ano no que Sonia dirixiu a súa primeira curtametraxe. Dende entón construíron un frutífero tándem dirección-produción.
As súas producións exploran o universo feminino desde diferentes posicionamentos estéticos, puntos de vista, problemáticas, roles e xéneros.