As Orixes
de
Cósmica
Producións

Cósmica crease en 2018 mais a súa orixe comeza no 2007 durante a rodaxe de Perversa Lola, a primeira curtametraxe de Sonia Méndez. Tras coñecerse nesa rodaxe, Nati e Sonia forman un frutífero tándem de dirección-produción do que nacen varias curtametraxes e a serie web Angélica & Roberta.
Ao longo destes anos desenvolven o seu estilo de traballo e crean o seu espazo no audiovisual galego.