A Muller Borrada

FICHA TÉCNICA

Longametraxe documental I Dixital cor

en desenvolvemento

Produtora Cósmica producións

Dirección  Sonia Méndez

Produción executiva Nati Juncal Portas

Coa financiación de Axencia Galega das Industrias Culturais (Xunta de Galicia)

Proxecto seleccionado en  EuroDocs.

Press Kit

Sinopse

Unha cineasta e unha pintora enfróntanse ao desafío creativo de retratar a unha muller da que non existe ningunha imaxe.

A muller borrada é o rexistro audiovisual dun proceso creativo que segue a viaxe da directora Sonia Méndez tentando recuperar a memoria e a imaxe de Joaquina Mosquera Ribeira (1805-1848), unha dama da alta sociedade coruñesa.