Produtora Cósmica producións
Dirección Sonia Méndez
Produción executiva Nati Juncal Portas
Coa financiación de Axencia Galega das Industrias Culturais (Xunta de Galicia), Deputación da Coruña e Televisión de Galicia.
Premios e festivais: Cineuropa, Mostra de Cinema Etnográfico (premio á mellor dirección), finalista a mellor documental nos XX Premios Mestre Mateo.
Contacto e vendas producion@cosmicaproducions.gal
REDES
A vida dunha muller revolucionaria, que non se vende por nada e que segue loitando pola súa terra e pola súa lingua
Este filme retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 90 anos é unha das voces vivas da emigración galega, da que voltou pobre pero cunha fonda consciencia da súa identidade, a súa lingua e o seu xénero. Luz é testemuña das realidades máis duras so século XX. Por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser roja. Luz é unha muller brava, unha persoa fondamente política e un ser cunha humanidade excepcional. Como entende o mundo esta poeta que a pesar do tremor das súas mans escribe todos os días? Que a move a tal esforzo?