As Defensas

FICHA TÉCNICA

Longametraxe de ficción I Drama, romance, danza

en desenvolvemento

Produtora Cósmica producións

Dirección Lucía Estévez

Produción executiva Nati Juncal Portas

Coa financiación de Axencia Galega das Industrias Culturais (Xunta de Galicia)

Proxecto seleccionado en Torino Film Lab.

Press Kit

Sinopse

A historia dun encontro amoroso efémero nun caloroso verán na cidade de Vigo nos anos 80, en plena efervescencia da Movida Viguesa. 

Manuel vive só co seu pai Vicente dende a morte da súa nai nun accidente de coche no que viaxaba soa. Ambos homes conviven co silencio e a distancia nunha casa familiar que os asfixia, sen aceptar na súa totalidade o que aconteceu. Manuel pasa a maior parte do tempo no barrio cos amigos e nas manifestacións violentas de estudantes pola baixada do prezo do autobús. Vicente, ao contrario, pasa a maior parte do tempo en casa e no taller de coches onde traballa dende hai anos. Por mor dun accidente laboral, Vicente vese na obriga de descansar unhas semanas ata recuperarse. Manuel entra ao negocio a substituilo. Nunha das paredes do taller, Manuel atopa un burato a través do que pode observar a nave contigua: un espazo baleiro, escuro e sucio ocupado por tres bailaríns. Os tres corpos danzan e Manuel observa na distancia. O seu interese céntrase especialmente en Pablo, do que queda prendado, con necesidade de observalo cada día que acude ao traballo.