O Neno Sardiña

FICHA TÉCNICA

Curtametraxe de ficción I 13 min I Dixital cor

Produtora Cósmica Producións

Dirección e guión Lucía Estévez

Produción executiva Nati Juncal Portas

Coa financiación de Axencia Galega das Industrias Culturais (Xunta de Galicia).

FICHA DE DISTRIBUCIÓN

Press Kit

Sinopse

Nun punto sen determinar do Río Miño, ao parecer polo norte de Galicia, un neno-sardiña cruza a corrente deixando atrás as persoas que festexan o seu enterro co fin do Entroido. Descoñécese que provoca a súa transformación, pero din que os ollos máis atentos poden captar de preto a humidade na súa pel. A súa existencia está confirmada polos máis escépticos da zona. Ninguén no lugar ten dúbidas.