Terás que saltar

FICHA TÉCNICA

Longametraxe de ficción I Drama, coming-of-age I 100 min I Dixital cor

en desenvolvemento

Produtora Cósmica producións

Dirección e guión Irene Pin

Produción executiva Nati Juncal Portas

Proxecto seleccionado en AGAPI Impulsa COPROS.

Press Kit

Sinopse

Un só relato que salta entre dous tempos

A punto de mudarse co seu mozo Serxio, Eli recibe unha nova que fai tremer o seu universo: concedéronlle a bolsa para estudar cinema en Lisboa. Dúas opcións vitais despréganse ante ela. Pode marchar e perseguir o seu soño ou ficar coa súa vida normal en Compostela. Unha decisión que pode cambiar a súa vida abre dúas liñas paralelas, máis conectadas do que ela mesma pensa.